domingo, 2 de diciembre de 2012

Os Petroglifos

Qué son os petroglifos?
Son diseños simbólicos feitos nas rochas realizados na súa capa superficial feitos polos nosos antepasados na época megalítica.
Los grupos de petroglifos sitúanse xeralmente nas zonas lonxanas a grandes cursos de auga e ao oceano, nas ladeiras das pequenas colinas, é dicir, outeiros e en menor número nas faldas das montañas e nos pequenos vales fluviales.
A gran parte deles están feitos en rochas graníticas independentemente do seu tamaño.
Teñen numerosos temas como por exemplo: motivos circulares, espirais, laberintos, animais...


Un exemplo que podemos visitar nos facilmente son os de Chamorro, que foron atopados fai pouco tempo. Como podemos ver nesta imaxe.



O maior número de petroglifos atópase aquí en Galicia.


¿Gran Bretaña colonizada polos galegos?

Nesta entrada quero comentar unha noticia que lin nun artigo que pareceume moi interesante. Non é nin máis nin menos que a chegada dos celtas galegos cara Gran Bretaña.

Como conta a lenda de Breogan e o seu fillo Ith quen un día entreviu na Torre de Hércules terra cara o norte (Gran Bretaña) e partiu cara a súa colonización.

Pois numerosas investigacions feitas por diversos científicos sobre o ADN dos habitantes e os galegos dan a entender que a colonización da lenda de Breogan foi certa fai uns 6000 anos desta, xa que aproximadamente foi cando se puideron facer naves capaces de atravesar esa viaxe por mar.

Por si tedes máis curiosidade deixo aquí a páxina sobre o debate entre os investigadores.
http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=2247

Lendas da noite

Conta a lenda que tras a maldición botada por unha meiga o séptimo ou noveno varón consecutivo que a nai de a luz convertirase nun lobishome ao chegar a unha determinada idade. So poderase liberar da maldición  se o padrino deste e un hermano del.
Este nas noites más de lúa chea irá cara o monte nun lugar despoboado e onde durmen os lobos transformarase nun deles, máis forte e máis resistente.
Esta maldición a tendrá que sufrir durante sete anos ou durante toda a eternidade se nestes sete anos morre, a súa alma terá que pagar debeda imposta e vagará eternamente polos bosques.
A única maneira de acabar coa súa vida será quemandoo a súa pel ou asestando  cun pincho fabricado con acebo bendito o domingo de ramos.


Existen numerosos relatos da literatura galega que tratan esta lenda, entre eles é tratado por moitos autores coñecidos coma Vicente Risco en  "O lobo da xente" ou Camilo Jose Cela que conta o relato do lobishome de Allariz.

Tamén coñecemos sucesos que non son tan de lenda ou fantasía, coma o de Manuel Blanco Romasanta que aseguraba que era un lobishome e que chegara a estar oito días transformado, este asesinou e devorou a trece persoas e por ello foi apresado e condenado a morte.