domingo, 2 de diciembre de 2012

Os Petroglifos

Qué son os petroglifos?
Son diseños simbólicos feitos nas rochas realizados na súa capa superficial feitos polos nosos antepasados na época megalítica.
Los grupos de petroglifos sitúanse xeralmente nas zonas lonxanas a grandes cursos de auga e ao oceano, nas ladeiras das pequenas colinas, é dicir, outeiros e en menor número nas faldas das montañas e nos pequenos vales fluviales.
A gran parte deles están feitos en rochas graníticas independentemente do seu tamaño.
Teñen numerosos temas como por exemplo: motivos circulares, espirais, laberintos, animais...


Un exemplo que podemos visitar nos facilmente son os de Chamorro, que foron atopados fai pouco tempo. Como podemos ver nesta imaxe.



O maior número de petroglifos atópase aquí en Galicia.


¿Gran Bretaña colonizada polos galegos?

Nesta entrada quero comentar unha noticia que lin nun artigo que pareceume moi interesante. Non é nin máis nin menos que a chegada dos celtas galegos cara Gran Bretaña.

Como conta a lenda de Breogan e o seu fillo Ith quen un día entreviu na Torre de Hércules terra cara o norte (Gran Bretaña) e partiu cara a súa colonización.

Pois numerosas investigacions feitas por diversos científicos sobre o ADN dos habitantes e os galegos dan a entender que a colonización da lenda de Breogan foi certa fai uns 6000 anos desta, xa que aproximadamente foi cando se puideron facer naves capaces de atravesar esa viaxe por mar.

Por si tedes máis curiosidade deixo aquí a páxina sobre o debate entre os investigadores.
http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=2247

Lendas da noite

Conta a lenda que tras a maldición botada por unha meiga o séptimo ou noveno varón consecutivo que a nai de a luz convertirase nun lobishome ao chegar a unha determinada idade. So poderase liberar da maldición  se o padrino deste e un hermano del.
Este nas noites más de lúa chea irá cara o monte nun lugar despoboado e onde durmen os lobos transformarase nun deles, máis forte e máis resistente.
Esta maldición a tendrá que sufrir durante sete anos ou durante toda a eternidade se nestes sete anos morre, a súa alma terá que pagar debeda imposta e vagará eternamente polos bosques.
A única maneira de acabar coa súa vida será quemandoo a súa pel ou asestando  cun pincho fabricado con acebo bendito o domingo de ramos.


Existen numerosos relatos da literatura galega que tratan esta lenda, entre eles é tratado por moitos autores coñecidos coma Vicente Risco en  "O lobo da xente" ou Camilo Jose Cela que conta o relato do lobishome de Allariz.

Tamén coñecemos sucesos que non son tan de lenda ou fantasía, coma o de Manuel Blanco Romasanta que aseguraba que era un lobishome e que chegara a estar oito días transformado, este asesinou e devorou a trece persoas e por ello foi apresado e condenado a morte.

miércoles, 24 de octubre de 2012

A miña Galicia

Que é Galicia para min?
Tranquilidade é o que maís destacaría de todalas súas virtudes. Debido a que aos pouquiños lares polos que eu me pasei non atopei a tranquilidade que teñen os galegos eu creo que esa é a principal razón da morriña, a parte da evidencia da comida de aquí e as preciosas vistas que iso tamén se nota.
A parte da tranquilidade, aínda que pareza unha mentira ou tontería, a choiva votase de menos. Esas tardes metidiño na casa vendo caer as gotas pola ventá a min persoalmente gústanme.
O último que quedame por destacar se cabe nesta síntese do que me gusta de Galicia, son as súas praias polas súa oleaxe, temperatura e beleza.

Eleccións Autonómicas

O pasado 21 de octubro celebráronse eiquí e no País Vasco as eleccións para elixir o goberno autonómico. Dous autonomías moi similares no ámbito gastronómico, paisaxístico e cunha lingua propia, pero con amplas diferenzas en canto o pensar de cada habitante. Na miña opinión moito temos que aprender deles no sentido do "sentimento galego". ¿Por qué? 
Xa que o que reflexaron as urnas ese día demostra o que nos non fixemos e que eu creo deberiamos haber feito, o non votar por un partido propio galego, exemplo o BNG ou Alternativa Galega, danos a ver que os galegos non sabemos moi ven o que votamos ou porque o votamos. Pero o desinterés por parte da meirande parte dos galegos que votan sistemáticamente sempre ao mesmo vaia ben o país ou vaia mal, penso que se debe ao temor dun forte cambio no forma de gobernar o noso pobo, non nos axuda ao desemvolvemento coma pobo. Que o que penso que necesita Galicia e que os galegos sintamos maís que somos galegos, como o fan os cataláns e o fan os vascos, que nestes momentos loitan pola súa independencia.
Pero non so é culpa do votante senon tamén dos representantes, ao meu modo de ver, xa que este foi o meu primer ano que votei e se non fose porque sei que a dereita non vai mirar tanto polo pobo nun futuro a votaría e ¿por que?. Porque saben como chegar ao seu electorado, é dicir, saben ben a parte da política de convencer ao votante xa que nos debates e mitins que eu vin  o señor Feijoo estivo moitisimo mellor nas súas intervencións que os seus rivais.
En conclusión, eu confío na xuventude, é dicir, na miña xeración para que de verdade abran os ollos e vexan que o que se facer polo noso país.