domingo, 3 de marzo de 2013

Abandono no rural

Nesta entrada ía amosarbos a ruptura do tópico da Galicia rural, aquela idea de galegos que viven en aldeas e pobos vivindo da terra e do gando.



Para entender este suceso temos que facer volta e mirar cara atrás. O éxodo da poboación hacia as grandes ciudades e zonas de desarrollo, un fenómeno inciado nos anos 60, non parece haberse detido en Galicia, senon todo o contrario. Os últimos datos demográficos confirman que o proceso acelerouse nos últimos anos, unha situación que tardará moito tempo en revertirse, xa que el crecimento vexetativo da poboación galega sige sendo negativo.

Eu penso que este fenómeno que esta a sufrir Galicia é "normal" eu, con 18 anos, sinceramente non querría ir vivir a un pobo de escas dez persoas esto supón unha evasión da sociedade bastante forte que as edades de adolescencia e ata os aproximadamente 40 anos  necesitas para poder "vivir" xa que estar no campo é moi bonito pero supón que o traballas alí coma agricultor ou gandeiro ou o ter que ir a cidade cada vez que tes que ir a traballar supón un gasto elevado. Eu penso que esa é unha das principales da despoboación das aldeas galegas. Tamén se tes un fillo posiblemente estara solo na aldea e non tera escola, outra das principales causas a falta de servicios básicos. 

O único que salva, pouco, a aldea é aquela xente que despois de unha vida traballando na cidade decide, farto da vida nela, ir cara a aldea en busca desa paz que se respira sen o axetreo propio da cidade pero a xuventude que supuestamente é a que vai levantar a zona non encontra ese atractivo na aldea.

Aos datos me acollo na nosa Comunidade Autónoma podemos atopar 1261 pobos fantasma aproximadamente pero se a esta cifra sumamoslle os pobos que teñen 5 habitantes ascende a aproximadamente uns 5674 que é un 19 % dos pobos galegos.

Aquí os deixo unha reportaxe da situación que os estaba a contar:







Feísmo

O feísmo é ese movemento arquitectónico ou urbanístico bastante curioso xa que non busca a beleza senon todo o contrario.

Entendemos por feísmo arquitectónico, urbanístico ou paisaxístico como todas aquelas construccións ou obras humanas que degradan de algún modo o seu entorno.


Este movemento aparece coa emigración e con ela a idea de romper co establecido a busca da beleza con ideas novas, novas non boas, simplemente era intentar amosar algo novo que dando igual el como íanos a ensinar. Por exemplo deixaronse de facer casas de pedra para poñer azulexos nas fachadas das casas buscando así o propietario ser o que marcaba a diferenza onde vivía para chamar a atención facendo alusión a palabra "modernismo".

Aínda algunhas destas edificacións todavía hoxe despertan admiración, as maís, ni a súa tipoloxía nin os materiais utilizados no acabado de fachadas e cubertas permiten que o inmueble guarde unha armonía co seu entorno no que se ubica.

Outro exemplo claro de feísmo resulta das novas construcciones, de suntuosos e mezquinos rañaceos ou de vivendas que parecen feitas solo con escuadra e cartabón  simplemente son cubos no medio da natureza que supuestamente son "modernos". 



Dende a miña opinión o artista/arquitecto actual, non todos, busca unha arquitectura fácil, económica e demasiado simple e vendenos algo precioso, bonito e innovador. Por exemplo eu vou ao conservatorio "precioso" edificio que é simplemente un cubo botado en Caranza e como non lles chegaba un botaron dous e de alí saiu o auditorio. 



A miña opinión é que para facer obras de ese calibre e mellor non facer nada ou intentar non seguir coa moda estúpida do momento que en moitos caso non nos leva ao mellor camiño senon ao o que lles interesa aos de arriba.



















Cidade da Cultura

Se vas a Santiago de Compostela, non te podes perder a Cidade da Cultura que podemos atopar alí. Unha gran obra faraonica que costou 400 millóns de euros públicos para potenciar a cultura cando o que en verdade se debería facer que é invertir na cultura axudando a artistas ou na educación e vez dun proxecto que é capricho dun político (Fraga).

Se vale 400 millóns e ten unhas instalacións enormes terá que ser un dos museos de referencia a nivel practicamente europeo estarades a pensar, pois é todo o contrario esta obra non permite facer exposicións de calidade, ten extensions inmesas inútiles como e a biblioteca dun millón de libros, capricho de ideador do proxecto. En definitiva foi unha mala inversión nun proxecto que non ten volta cara atras debido a que as instalacións non servirían para maís cousa que o que estan a facer.

Aquí os deixo unha reportaxe, que vos recomendo ver, do Follonero do programa Salvados.


A Ría de Ferrol

A ría de Ferrol atopase entre as Rías Altas, na provincia de A Coruña, Galicia. Nas súas orillas encontranse os municipios galegos de Ferrol, Narón, Neda Fene e Mugardos. Nela desemboca e a forma o río Xubia.



É a máis pequena e angosta de todalas rías galegas, con unha riqueza marina comparable á de Arousa, 18 veces maior pero a ría estase votando a perder xa que aparte de ser unha das máis ricas tamén é a máis contaminada.

A contaminación orgánica, vertidos industriais, sobreexplotación, recheos e inxentes obras civís como a do porto exterior alteraron o curso das corrientes afectando a ecosistema marino, son causas do estado deplorable da nosa ría.


Arsenal militar dende o século XVIII e porto refuxio en tempos de guerra, a ría transformouse nunha das maiores factorías navales de Europa cos astilleiros de a actual Navantia


Do fondo dunha ría na que oprean aorredor de medio millar de mariscadores saliron dende unha lavadora ata unha bicicleta. Non todo o marisco extraído pode venderse directamente no mercado e Pesca obriga aos mariscadores a trasladalo durante un tempo a augas limpas para que o produto se depure.

A continuación deixoos un video do programa de televisión Diario De que amosa a unha realidade atroz desta situación ecoloxica que esta a vivir en Ferrol. A los 13 min comezan a falar da ría.

http://www.mitele.es/programas-tv/diario-de/temporada-9/programa-101/

jueves, 31 de enero de 2013

1972


En marzo de 1972 desencadease a loita dos traballadores de Bazán en Ferrol polo seu convenio colectivo. Ese día comunicabase ao xurado da empresa a firma do convenio colectivo interprovincial. Os traballadores de Bazán, que reclamaban a negociación do dito convenio en Galiza, radicalizan o conflito. O día 9 concentranse ante as portas da factoría. A empresa anuncia a suspensio do salario, empleo e acceso ás instalacións dá mesma a todos. Os traballadores, reunidos en asamblean, deciden ocupar a factoría. A policía entra nas instalacións de Bazán e desaloxa pola forza aos ocupantes. Xa na rúa son recibidos por máis policías que cargan indiscriminadamente contra eles, os traballadores plantanlles cara con pedras. 
O 10 de marzo vótanse a rúa outra vez cara O Ponte das Pías, sendo detidos por unha compañía da policía armada. Os traballadores enfrentanse a eles outra vez con so paos e pedras, pero esta vez Daniel Niebla e Amador Rey, ambos casados e de 38 anos caen asesinados a mans de policías. Estos dous traballadores estaban a loitar por unhas mellores condicións de traballlo e reivindicando o seu dereito a negociar un convenio para os traballadores de Ferrol para a súa factoría. 
A parte da morte destes dous rapaces tamén houbo máis de 40 heridos de bala.
Dende aquel fatídico día de 1972, o 10 de marzo convertiuse no "Día da Clase Obreira Galega", e fois a partir de entonces onde calquera nacionalismo baseado na aceptación do capitalismo quedou  totalmente inválido.

Neste vídeo ven a representación do recordo que o pobo ferrolán ten cara Daniel e Amador:




Que se teña que chegar ata tales extremos como é a morte para que o poder actual faga caso o pobo, que grazas a nos están ahí, faime pensar que vivimos nunca sociedade que estase a inmolar e non facemos nada para paralo porque a situación que estamos a vivir non me extrañaría que acabe como acabou ese 10 de marzo de 1972, xa que o único que cambia son os protagonistas porque a historia estase a repetir sobre o mesmo guión outra vez. 
Necesitamos un cambio e o necesitamos xa. E a poder ser que ese cambio durenos uns cantos anos para axudar a non   recordar atrozidades de antano.

O Monte Medulio



"O día do Medulio
con sangue quente e roxa
mercámo-lo dereito
á libre honrada chouza!"
("El día del Medulio,
con sangre caliente y roja,
compramos el derecho
a la libre, honrada choza!").




(Ramón Cabanillas, "¡En pé!" (¡En pie!), 1917



A lenda conta....

A derradeira resistencia galaica fronte o Imperio Romano víase sitiada nun monte sin acceso a alimento e con o exército romano arredor do seu poboado. 
Vendo que non tiñan posibilidade de vitoria na batalla e non aceptarían ser escravos. Entón decidiron que antes de someterese suicidaríanse pola libertade. Familias enteiras, páis, nai e fillos mortos abrazados este feito deixou aos romanos perplexos xa que deseosos de derramar sangue atoparonse con que a vitoria xa estaba feita. Algúns incrédulos cravaban as súas lanzas nos corpos dos bárbaros xa mortos. 

Os únicos documentos que existen reflicten...

“…Por último tuvo lugar el asedio del Monte Medulio, sobre el cual, después de haberlo cercado con un foso continuo de quince millas, avanzaron a un tiempo los romanos por todas partes. Cuando los bárbaros se ven reducidos a extrema necesidad, a porfía, en medio de un festín, se dieron la muerte con el fuego, la espada y el veneno que allí acostumbran a extraer de los tejos. Así la mayor parte se libró de la cautividad que a una gente hasta entonces indómita parecía más intolerable que la muerte…” (Lucio Anneo Floro).

Actualmente ninguén sabe onde se atopa exactamente o Monte Medulio, uns din que no Pico de Cervera en Asturias, outros no Monte Cido na Serra do Courel pero onde maís posibilidades atopamos é na provincia de ourense está o Monte Medo, Monte Meledo pero o que maís se acerca ás descricións é o Monte de O Castelo.

As Preferentes

Nesta entrada ía falar sobre as preferentes e as numerosas revoltas que xeraron en toda Galicia.



As preferentes son as participacións preferentes son instrumentos financieiros emitidos por calquera sociedade que teñen unhas características especiais. Estas características son:
  • Non otorgan dereitos políticos ao inversor (voz e voto na xunta xeral). 
  • A retribución pactada como pago de intereses condicionase á obtención de beneficios por parte da sociedade emisora. 
  • Son instrumentos sen vencimento determiñado ou indefinido, aínda que o emisor procura reservar o dereito de cancelación a partir do quinto ano. 
  • No caso de concurso de acreedores, a posición do inversor encontrase xusto diante dos accionistas se os houbera. 

O principal problema foi que os bancos enganaron aos compradores mediante os asesores que dedicaronse a vendelas dandolle unha impresión totalmente falsa a estes compradores dicindolles que obterían uns grandes beneficios cos seus aforros de toda a súa vida e que poderían recuperalo cando o quixeran cando en realidad o banco estaba invirtindoas nuns fins con moito risco de que saíra gañando. E cando a crisis estoupou e os bancos caeron as súas accions en picado estes inversores foron ao banco na procura destas, o único que obtiberon foi un non e un gran número de excusas acerca de donde foran a parar os seus cartos pero que simplemente xa non podían nin reclamalos nin recuperalos. Grazas as manifestacións que apareceron por toda Galicia, con exemplos como o que vemos aquí: 



Como consecuencia de estes actos os cidadáns galegos e de toda España conseguiron que o Goberno abra unha comisión que estude caso por caso para que se devolva o diñeiro invertido.

Moeche e os Irmandiños

Qué son as revoltas irmandiñas?

  Son unha serie de revoltas que tiveron lugar en Galicia no século XV (1467-1469) podería decirse que unhas das máis senon a máis importantes revoltas da Idade Media.

Por qué tiveron lugar?

  Os numerosos abusos de bandolerismo señorial, incremento da presión fiscal, os agravios e violencia e os tributos dos señores das fortalezas.

Por qué as tensións sociales acumuladas, ao largo do conflitivo século XV galego, estoupan precisamente na primaveira irmandiña de 1467?

  Dende 1465 producese certo vacío do poder na Coroa de Castela e León, como consecuencia da guerra civil entre Enrique IV e  Afonso XII, debilitadora do poder real en ambos bandos. Vacío  que a formación da Santa Irmandade chea de inmensas ilusións nun pronto cambio dunhas relacións sociais marcadas polos abusos dos señores laicos. Os abusos señoriais habíanse convertido en Galicia, a mediados do século XV, en usos e costumes.
  
  Os preparativos para a formación da revolta foron a creación dunha Irmandade Xeral que empezara anos atrás por parte de Alonso de Lanzós e o apoio dos concellos de A Coruña, Betanzos, Ferrol e Lugo que actuaron como a chama inicial do gran incendio que se ía desatar. Nese caso a revolta irmandiña transformouse nunha gran guerra civil a que obtivo unha gran participación social.
  
  A conquista dos castelos dos señores polos seus vasalos foi presente en todas a revoltas pero eu quero destacar a de Moeche xa que cada ano vou a esa celebración en conmemoración da conquista do castelo.
  
  A festa consiste nunha actuación de Folk e despois na conquista do castelo. Celebrase dende 1980 polos veciños de alí. A medianoche do sábado ten lugar o simulacro do asalto no cal os participantes corren os 200 metros que separan o campo da festa do castelo, provistos de antorchas para incendialo.
  
  Anualmente acuden unhas 15.000 persoas.

  Aquí os deixo un vídeo no que vese dita representación.