jueves, 31 de enero de 2013

Moeche e os Irmandiños

Qué son as revoltas irmandiñas?

  Son unha serie de revoltas que tiveron lugar en Galicia no século XV (1467-1469) podería decirse que unhas das máis senon a máis importantes revoltas da Idade Media.

Por qué tiveron lugar?

  Os numerosos abusos de bandolerismo señorial, incremento da presión fiscal, os agravios e violencia e os tributos dos señores das fortalezas.

Por qué as tensións sociales acumuladas, ao largo do conflitivo século XV galego, estoupan precisamente na primaveira irmandiña de 1467?

  Dende 1465 producese certo vacío do poder na Coroa de Castela e León, como consecuencia da guerra civil entre Enrique IV e  Afonso XII, debilitadora do poder real en ambos bandos. Vacío  que a formación da Santa Irmandade chea de inmensas ilusións nun pronto cambio dunhas relacións sociais marcadas polos abusos dos señores laicos. Os abusos señoriais habíanse convertido en Galicia, a mediados do século XV, en usos e costumes.
  
  Os preparativos para a formación da revolta foron a creación dunha Irmandade Xeral que empezara anos atrás por parte de Alonso de Lanzós e o apoio dos concellos de A Coruña, Betanzos, Ferrol e Lugo que actuaron como a chama inicial do gran incendio que se ía desatar. Nese caso a revolta irmandiña transformouse nunha gran guerra civil a que obtivo unha gran participación social.
  
  A conquista dos castelos dos señores polos seus vasalos foi presente en todas a revoltas pero eu quero destacar a de Moeche xa que cada ano vou a esa celebración en conmemoración da conquista do castelo.
  
  A festa consiste nunha actuación de Folk e despois na conquista do castelo. Celebrase dende 1980 polos veciños de alí. A medianoche do sábado ten lugar o simulacro do asalto no cal os participantes corren os 200 metros que separan o campo da festa do castelo, provistos de antorchas para incendialo.
  
  Anualmente acuden unhas 15.000 persoas.

  Aquí os deixo un vídeo no que vese dita representación.
  






No hay comentarios:

Publicar un comentario