jueves, 31 de enero de 2013

1972


En marzo de 1972 desencadease a loita dos traballadores de Bazán en Ferrol polo seu convenio colectivo. Ese día comunicabase ao xurado da empresa a firma do convenio colectivo interprovincial. Os traballadores de Bazán, que reclamaban a negociación do dito convenio en Galiza, radicalizan o conflito. O día 9 concentranse ante as portas da factoría. A empresa anuncia a suspensio do salario, empleo e acceso ás instalacións dá mesma a todos. Os traballadores, reunidos en asamblean, deciden ocupar a factoría. A policía entra nas instalacións de Bazán e desaloxa pola forza aos ocupantes. Xa na rúa son recibidos por máis policías que cargan indiscriminadamente contra eles, os traballadores plantanlles cara con pedras. 
O 10 de marzo vótanse a rúa outra vez cara O Ponte das Pías, sendo detidos por unha compañía da policía armada. Os traballadores enfrentanse a eles outra vez con so paos e pedras, pero esta vez Daniel Niebla e Amador Rey, ambos casados e de 38 anos caen asesinados a mans de policías. Estos dous traballadores estaban a loitar por unhas mellores condicións de traballlo e reivindicando o seu dereito a negociar un convenio para os traballadores de Ferrol para a súa factoría. 
A parte da morte destes dous rapaces tamén houbo máis de 40 heridos de bala.
Dende aquel fatídico día de 1972, o 10 de marzo convertiuse no "Día da Clase Obreira Galega", e fois a partir de entonces onde calquera nacionalismo baseado na aceptación do capitalismo quedou  totalmente inválido.

Neste vídeo ven a representación do recordo que o pobo ferrolán ten cara Daniel e Amador:




Que se teña que chegar ata tales extremos como é a morte para que o poder actual faga caso o pobo, que grazas a nos están ahí, faime pensar que vivimos nunca sociedade que estase a inmolar e non facemos nada para paralo porque a situación que estamos a vivir non me extrañaría que acabe como acabou ese 10 de marzo de 1972, xa que o único que cambia son os protagonistas porque a historia estase a repetir sobre o mesmo guión outra vez. 
Necesitamos un cambio e o necesitamos xa. E a poder ser que ese cambio durenos uns cantos anos para axudar a non   recordar atrozidades de antano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario