domingo, 3 de marzo de 2013

Feísmo

O feísmo é ese movemento arquitectónico ou urbanístico bastante curioso xa que non busca a beleza senon todo o contrario.

Entendemos por feísmo arquitectónico, urbanístico ou paisaxístico como todas aquelas construccións ou obras humanas que degradan de algún modo o seu entorno.


Este movemento aparece coa emigración e con ela a idea de romper co establecido a busca da beleza con ideas novas, novas non boas, simplemente era intentar amosar algo novo que dando igual el como íanos a ensinar. Por exemplo deixaronse de facer casas de pedra para poñer azulexos nas fachadas das casas buscando así o propietario ser o que marcaba a diferenza onde vivía para chamar a atención facendo alusión a palabra "modernismo".

Aínda algunhas destas edificacións todavía hoxe despertan admiración, as maís, ni a súa tipoloxía nin os materiais utilizados no acabado de fachadas e cubertas permiten que o inmueble guarde unha armonía co seu entorno no que se ubica.

Outro exemplo claro de feísmo resulta das novas construcciones, de suntuosos e mezquinos rañaceos ou de vivendas que parecen feitas solo con escuadra e cartabón  simplemente son cubos no medio da natureza que supuestamente son "modernos". 



Dende a miña opinión o artista/arquitecto actual, non todos, busca unha arquitectura fácil, económica e demasiado simple e vendenos algo precioso, bonito e innovador. Por exemplo eu vou ao conservatorio "precioso" edificio que é simplemente un cubo botado en Caranza e como non lles chegaba un botaron dous e de alí saiu o auditorio. 



A miña opinión é que para facer obras de ese calibre e mellor non facer nada ou intentar non seguir coa moda estúpida do momento que en moitos caso non nos leva ao mellor camiño senon ao o que lles interesa aos de arriba.



















No hay comentarios:

Publicar un comentario