miércoles, 24 de octubre de 2012

Eleccións Autonómicas

O pasado 21 de octubro celebráronse eiquí e no País Vasco as eleccións para elixir o goberno autonómico. Dous autonomías moi similares no ámbito gastronómico, paisaxístico e cunha lingua propia, pero con amplas diferenzas en canto o pensar de cada habitante. Na miña opinión moito temos que aprender deles no sentido do "sentimento galego". ¿Por qué? 
Xa que o que reflexaron as urnas ese día demostra o que nos non fixemos e que eu creo deberiamos haber feito, o non votar por un partido propio galego, exemplo o BNG ou Alternativa Galega, danos a ver que os galegos non sabemos moi ven o que votamos ou porque o votamos. Pero o desinterés por parte da meirande parte dos galegos que votan sistemáticamente sempre ao mesmo vaia ben o país ou vaia mal, penso que se debe ao temor dun forte cambio no forma de gobernar o noso pobo, non nos axuda ao desemvolvemento coma pobo. Que o que penso que necesita Galicia e que os galegos sintamos maís que somos galegos, como o fan os cataláns e o fan os vascos, que nestes momentos loitan pola súa independencia.
Pero non so é culpa do votante senon tamén dos representantes, ao meu modo de ver, xa que este foi o meu primer ano que votei e se non fose porque sei que a dereita non vai mirar tanto polo pobo nun futuro a votaría e ¿por que?. Porque saben como chegar ao seu electorado, é dicir, saben ben a parte da política de convencer ao votante xa que nos debates e mitins que eu vin  o señor Feijoo estivo moitisimo mellor nas súas intervencións que os seus rivais.
En conclusión, eu confío na xuventude, é dicir, na miña xeración para que de verdade abran os ollos e vexan que o que se facer polo noso país.

No hay comentarios:

Publicar un comentario